tag:blogger.com,1999:blog-82374233587534994742024-03-13T02:08:45.422+01:00Iago Varela MartínezReflexións e outras cousas que non caben nun tweetAnonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.comBlogger447125tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-53657431304338443102013-09-20T13:59:00.000+02:002013-09-20T14:01:05.553+02:00Wearables, tecnoloxía para levar posta
Até non hai moitos anos, ver un filme de ciencia ficción era para os frikiños (apaixoados das novas tecnoloxías) todo un acontecemento no que se deixaren marabillar cos trebellos tecnolóxicos que nel aparecían. Lembremos a Kitt, o coche fantástico, que ademais de respostar a comandos de voz era quen de se desprazar de xeito autónomo. Ou aquel móbil con aspecto de portátil que aparecía en The Saint (O Santo), que resultaría ser un Nokia 9000 Communicator. Quen seguira Dragon Ball estará a pensar nas scouter, os lentes que utilizaban personaxes coma Vexeta, nos que se lles amosaba diferente información.
Podes ler o artigo completo na páxina 21 do número 65 do semanario Sermos Galiza [loxa]
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-48054011708415806882013-05-17T11:10:00.001+02:002013-05-17T11:10:33.336+02:0017 de maio, Día das Letras Galegas, Día de Internet
Este ano adicase o día das Letras Galegas a Vidal Bolaño. Do seu "As actas escuras" é o seguinte fragmento:
PAYÁ E RICO: Mandar a voz por cable dun sitio a outro! A quen se lle conte! A este paso o mundo vai semellar unha rede de aramio. E a saber o que virá despois. Con todo,  o pior deses adiantos non han ser eles mesmos, senón o uso ó que se van poder prestar.  Ademáis de levar e traer xente, mercadorías, mensaxes ou enerxías han levar e traer ideas. E as que gobernan hoxe Europa non agoiran nada bon nin para o home nin para a Santa Madre Igrexa.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-76731203466237199692013-03-31T11:00:00.000+02:002013-03-31T11:00:09.840+02:00#SOSFragasdoEume Un ano despois da catástrofe
Gustavo Rivas, La Voz de Galicia
Raiba, tristura, indignación, impotencia... verbas que hai un ano definían os meus sentimentos cando, aínda enxugando as bágoas, parei a escribir o relato dun enmeigado polas Frondosas, un texto escrito cando as lapas estaban xa extintas pero as brasas aínda mantiñan quente o terreo.
Xa pasou un ano desde aqueles fatídicos días, tempo que serviu para avaliar os danos causados polo maior incendio forestal que sufriu o Parque Natural das Fragas do Eume (750 hectáreas arrasadas polo lume segundo as cifras oficiais), mais tamén para dar por resolto o asunto como se resolven outras tantas cousas neste País: arquivando o caso, sen responsábeis materiais nin políticos, esquecendo.
Tempo que tamén tivo a tropa gobernante para facer, xa nos primeiros días, unha especie de tourné, ascendendo pola marxe do río desde o lugar de Nogueirosa até o Mosteiro de Caaveiro para tratar de amosar á sociedade unha falsa imaxe de normalidade. É certo que o incendio, por fortuna, non afectou ao mosteiro nin ás inmediacións da ponte e muíños do Río Sesín, espazos onde calquera enmeigado fica perplexo ante tal frondosidade e riqueza natural, onde a auga brota en manantiais inagotábeis que fan posíbel a vida en ducias de tons verdes.
Pero tamén é certo que reducir as Fragas do Eume ás inmediacións de Caaveiro é simplificar de máis, é amosar un descoñecemento total do territorio, da xoia natural que temos ao lado da casa. As Fragas son infinitos recunchos, infinitos lugares nos que perderse, marabillarse. As Fragas son matriz inagotábel de "momentos".
Logo do incendio púxenme como obxetivo afondar no meu enmeigamento, aventurarme a perderme polos diferentes camiños e vieiros para min descoñecidos do Parque Natural, tentar aprender onde leva cada un deles, descubrir novas paraxes... Se ben é certo que algo avancei neste cometido persoal, foi desde logo unha miguiña insignificante comparado co imaxinado, en parte debido á falta de tempo e á climatoloxía adversa, que tampouco axudou demasiado. Con todo, as miñas visitas ás Fragas aumentaron, seguramente o medo a perdelas fixo que a atración sexa hoxe en día maior do que era.
Confío en que o incendio teña servido para concienciar algunhas mentes sobre a importancia de protexer o noso medio. E confío tamén en ser capaz de, pasiño a pasiño, ir acadando o meu obxetivo persoal. Quen sabe? Pode que algún día os incendios sexan anécdotas de avós, de nós depende que así sexa.
*As imaxes, salvo a primeira de Gustavo Rivas, son todas propias, tomadas durante 2012 e o que vai de ano.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-4186718587067976322013-03-14T13:07:00.003+01:002013-03-14T13:07:57.778+01:00Google, que?
Fomos moitos os que hoxe acordamos con resaca de indignación. Beber Google (quen di Google, di calquera gran empresa de Internet que nos ofrece servizos "gratuítos") en grandes doses ten efectos secundarios, e hoxe estamos a sufrir as consecuencias da nosa googledependencia.
Si, son (somos) Google dependentes. Isto non é novidade, somos milleiros os que cada día centralizamos o noso correo electrónico en Gmail, conversamos por Gtalk, marcamos citas en Calendar, editamos documentos en Drive, levamos a nosa música en Music, vemos vídeos en YouTube e planificamos as nosas viaxes en Maps... tamén somos (éramos?) moitos os que empregabamos Reader como ferramenta de traballo a diario, como O Agregador de Feeds, en maiúsculas e negriña.
Somos moitos os que onte levamos a labazada do cese de actividades deste servizo, que malia existir alternativas igualmente válidas, tiñamos xa todo ben organizadiño aló e, para que dicilo doutra maneira, estabamos acostumados a empregar a ferramenta desde os seus comezos.
Pero, por que Google decide pechar Reader? É obvio que as explicacións que nos deron non resultaron en absoluto convincentes, mais tamén é certo que Google adoita traballar así cando lle dá o arrouto, entrando coma elefante nunha cristalería. Para exemplo temos o defunto Wave, un produto que para min era tremendamente útil e que pasou a mellor vida como hoxe Reader, cun anuncio sorpresa.
Pero... e se acontece con Reader que pasou con Google Wave? Lembro como a miña mágoa inicial fora desaparecendo ao descubrir como as diferentes utilidades coas que contaba Wave foron implementándose en Google Docs, agora transformado en Google Drive.
É certo que Google leva tempo traballando a política de unificar servizos, algo que ben xestionado pode resultar tremendamente positivo. Volvendo ao exemplo de antes, coido que a integración do disco duro virtual Drive con funcionalidades de xestión de documentos (antigo Google Docs coas opcións portadas de Wave) mellorou a experiencia de usuario. Ou o tan rumoreado servizo unificado de mensaxería, que poña fin ás 4 ferramentas que hoxe en día ten distribuídas (Talk, Voice, Messenger e Hangouts), tamén debería ser moito máis interesante e atractivo.
Se así fose, o cambio podería chegar a ser menos traumático; pensemos que tamén está Currents, o lector que non foi publicitado en exceso e ao mellor miran de dar unha sorpresa por ese lado. Quero pensar que en Mountain View pararon a pensar no que facían antes de tomar unha decisión que afecta a tanta xente que traballa día a día cos seus produtos.
Só o tempo, que cura todo, poderá dicirnos se efectivamente a decisión de Google foi acertada e camiñamos cara unha nova (ou diferente) Internet onde se traballe coas fontes de información doutro xeito ou se, polo contrario, estamos ante un novo EPIC FAIL do xigante de Internet.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-72021064302625032272013-03-03T20:57:00.001+01:002013-03-03T20:57:25.795+01:00Entrevista na Cadena Ser
Esta mañá participei no programa A Vivir Galicia da Cadena Ser, podedes escoitalo aquí:
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-88248643816135105172013-02-28T20:10:00.001+01:002013-02-28T20:10:35.926+01:00Entrevista no Galicia por Diante
O luns pasado entrevistoume Kiko Novoa e compañía no Galicia por Diante. Estivemos falando uns minutos sobre o Mobile World Congress 2013.
Se vos interesa, podedes no seguinte widget (desde o minuto: 3:50)
</embed>
</object>
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-86184426121857102932013-02-28T13:00:00.000+01:002013-02-28T13:01:43.577+01:00Xanela, por favor
Nos últimos anos tiven a sorte de poder viaxar por riba do que viña sendo habitual en min no que a día de hoxe é o meu medio e transporte favorito, o avión. E seguramente por iso tamén fun collendo experiencia no tema de escoller un bo sitio para sentarse, aínda que sempre no asento pegado á xanela. Pero calquera xanela? Por suposto que non, con sentidiño e sabendo o que fago, consciente do que vou atopar ou poder ver.
Existen moitos lugares nos que se ofrecen razóns para facer este tipo de escolla, pero a máis primitiva e básica resúmese en dúas palabras: as vistas. Todas as que acompañan este post son do voo Barcelona - Santiago de onte
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-41793708177392656112013-02-21T21:32:00.000+01:002013-02-21T21:32:19.330+01:00R, xente de aquí
Moitos xa sabedes que son moi fan da publicidade. Así en xeral non, da que ten algo de sentidiño detrás, polo que non é de todo raro verme prestándolle máis atención ao espazo de anuncios máis ca a certos programas...
En Galiza temos varias empresas que apostan pola creatividade e que teñen claramente definida unha imaxe de marca e, sen dúbida, R é unha delas. Tras bastante tempo afastados da televisión volven cunha nova campaña formada por, até o de agora, 5 spots protagonizados polos televisivos Tacho e Isi e que leva un eslógan que resume a filosofía da casa: R, xente de aquí.
Voilá!
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-68798040616841942112013-02-20T19:44:00.001+01:002013-02-20T19:44:28.493+01:00Por que non?
Alguén aprenderá algún día a valorar as pequenas cousas. Ollar a fermosura das Illas Cíes desde calquera ángulo é unha delas
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-46968309323566161332013-02-17T12:06:00.001+01:002013-02-17T12:06:04.733+01:00A fascinación polo abandonado
Non me preguntedes por que, pero síntome fascinado polo abandonado. Non me refiro ao abandono por abandono, ao feísmo ruinoso ou ás casas que caen nos centros das vilas por desleixo de uns ou falta de interese pola súa conservación de outros. Non. O meu interese é máis ben polos lugares que un día foron e que hoxe non son, lugares aos que gosto de achegarme e percorrelos, facer o esforzo de escurrir o maxín para poñerme na pel de antigos moradores ou traballadores que nun tempo máis esplendoroso andiveron por aló.
Abundan este tipo de sitios. Galiza, por exemplo, está inzada de vilas, rueiros, mosteiros, antigos hospitais, fábricas... e, sobre todo ducias e ducias de baterías e instalación militares. Todos estes lugares comparten situación de abandono e o encanto máxico do que vos falaba.
Pero o exemplo de abandono por excelencia é Prypiat, a cidade dos traballadores de Chernobyl. Deixando de lado o tema da radiación, o establecemento dunha zona de exclusión que aínda hoxe en día mantén a raia a visitantes e curiosos contribuiu aínda máis a aumentar a curiosidade polo lugar.
Estes días lin un artigo de Henry Shukman, un visitante que se aventurou a adentrarse nos arredores da central, onde o abandono foi transformado nun curioso Edén, un refuxio de vida onde noutro momento habitou a morte. E algo longo, pero paga a pena. Podédelo consultar nesta ligazón.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-57976952001173620782013-02-02T16:51:00.001+01:002013-02-02T17:50:49.292+01:00Cambiando de aires: uns días cun Nokia Lumia 820
Nokia foi, noutro tempo, a referencia no sector dos terminais móbiles. Por que mans non pasaron aqueles resistentes 3310? Baterías que duraban semanas, o típico xogo da serpe e mesmo a famosa melodía do Nokia tune fixeron que, para moitos, Nokia fose toda unha institución.
Sen embargo, nos últimos anos Nokia experimentou unha baixada de cota de mercado espectacular no sector dos smartphones, quizais por agardar demasiado a ver que facían outros como Apple co seu iOS ou os mil e un fabricantes que empregan a plataforma Android de Google.
Doutra banda Microsoft tampouco pasaba polo seu mellor momento. Windows xa non vendía coma antaño e no sector da telefonía móbil non acababa de acertar. Por iso a unión de Nokia e Windows para lanzar novos produtos sorprendeu e fixo que nos formulásemos dúas posíbeis preguntas:
Estamos ante unha unión de perdedores? Ou, pola contra,
A unión de Nokia e Microsoft é o impulso definitivo que precisan (precisaban?) ambas empresas?
O resultado desa unión é a serie Nokia Lumia, da cal tiven oportunidade de probar con tranquilidade o Lumia 820, con Windows 8.
O primeiro que me chamou a atención do terminal, ademais do seu bo packaging, foron os acabados, que dan sensación de gran calidade e robustez. Iso si, resultoume un tanto pesado, nin máis nin menos que 160 gramos de bicho.
Como todo smartphone que se prece hoxe en día, conta cos sensores e elementos de conexión típicos (GPS, WiFi, NFC, microUSB...). Ademais permite a carga inarámica, aínda que non foi algo que puidera probarlle.
O procesador é un dobre núcleo a 1,5 GHz, que consigue que todo o sistema operativo funcione con fluidez, tanto ao usalo coas características básicas como cando executamos algún que outro xogo. A pantalla, de 4,3 polgadas reacciona sen maior problema ás nosas peticións táctiles e ten tamén un brillo que resulta máis que satisfactorio para traballar co terminal en exteriores. Peca un pouco de resolución, aínda que tampouco é unha falta reseñábel.
Dispón de dobre cámara, de 0,3 megapíxeles a frontal (básica) e 8 a principal. Esta última si que consegue uns resultados que poderíamos considerar bastante óptimos, aínda que lonxe da calidade de dispositivos como o Galaxy S III de Samsung ou o iPhone 5, ambas tamén de 8 megapíxeles.
A memoria interna é de 8 GB, máis ca suficiente para a meirande parte dos usuaios. Tamén se pode aumentar o espazo a través de tarxetas microSD (ae 32 GB).
No que ten a ver co sistema operativo, resulta un cambio de concepto con respecto a Android, o sistema operativo móbil que adoito empregar na miña vida diaria. Botei en falta aplicacións do estilo das que considero básicas. Doutras, as alternativas resultan moi vistosas e doadas de empregar pero con moita menos funcionabilidades que nas versións de outros sistemas operativos. Quizais teña moito que ver a escasa madurez do mercado de aplicacións, polo que pode ser unha cuestión temporal.
Noutras palabras, semella que Windows Phone está pensado para usuarios que non quren complicarse, consumidores pasivos máis ca xeradores de contidos; persoas que queren unha ferramenta que lles resolva as súas necesidades de comunicación... e punto. Calquera usuario con ganas de máis sentiráse un tanto capado.
Resulta interesante ver como Nokia incorpora ferramentas de software propias que melloran moito o sistema operativo, como Nokia Maps, Nokia Conducir, Nokia Música, Nokia Reading, Nokia Transportes ou Nokia Vista Urbana, e que poderíamos comparar coa suite típica de Google en Android.
Tamén é interesante ver como é a integración coa nube, aínda que está moi ligada a SkyDrive, o servizo de Microsoft.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-36781509045620937622012-11-28T20:28:00.000+01:002012-11-28T20:28:09.398+01:00Chamoso
Outono, serán. Pos as luvas,
fóra vai frío. Vento, cicloxénese.
Asfalto, terra. Camiñas sen rumbo,
mais sabes onde vas. Atracción, meigallo.
Orgullo, sorriso. Chegas ao teu destino,
todo está coma sempre. Auga, area.
Solpor, marexada. Sentas, marabíllaste,
disfrutas. Soidade, clímax.
Satisfacción, pensamento. Prosegues o teu camiño.
Volves á casa.
Es alguén novo.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-65505969552208791042012-04-13T09:12:00.002+02:002012-04-13T09:12:28.651+02:00Conectividade limitada ou nula
Comezo a escribir este post nun tren. Sen embargo, as posibilidades de que o poida chegar a publicar desde o mesmo son practicamente nulas. Imaxino a algúns que me coñecedes pensando 'comooorrr? pero se hai "Internet everywhere"! non es un rapaz conectado?'
Síntoo. It was my fault... quizais debera ter comezado cun "Ola, son Iago e vivo en Galiza". De seguro que así moitas e moitos de vós xa me entenderíades.
Como dicía, collín o tren ás 7.20 horas. Semellante madrugón non me permitiu levar a cabo a miña habitual rutina de almorzo, consulta de correo electrónico pendente, lectura da prensa diaria, etcétera. Pensei en aproveitar o traxecto en tren entre Cabanas e A Coruña para ir facendo iso, consciente das dificultades. Pero, por intentalo que non quedase.
Como podedes imaxinar, o que aconteceu foi o que acontece sempre que viaxas por Galiza: ráfagas de conexión e desconexión que desesperan e que, aínda por riba, son mortais para a duración da batería dos teus gadgets.
E é que cando viaxas por Galiza descubres que a cobertura móbil nas principais arterias de comunicación é, digámolo claro e sen tabúes, unha merda espichada nun pau. Dá igual que te movas pola AP9 (principal arteria de comunicación por estrada), polo Eixo Atlántico de Alta Velocidade (principal vía de comunicación ferroviaria) ou por calquera outra liña férrea. Atoparaste con que, cando estás preto (moi preto) de núcleos de poboación importantes terás 3G (con moita sorte a evolución mais rápida HSPA/HSPA+) e no resto GPRS ou, simplemente, a nada.
Haberá quen diga que "GPRS é conectividade". Si, máis eu lle engadiría aquilo de "limitada ou nula", porque, sinceramente, esperar medio minuto para cargar unha foto subida a Twitter ou máis de un para que cargue a web dun xornal non é conectividade.
Todo mellorará co 4G...
Correcto. Temos unha nova tecnoloxía por despregar, o LTE/4G. Polo de agora en España hai probas piloto nunhas poucas cidades, polo que a súa implantación vai levar anos (sobre todo tendo en conta a crise e todo iso).
O 4G véndese como "a solución para chegar a todos os recunchos con alta velocidade, incluso aos lugares onde non se pode chegar con conexións fixas". A pregunta é: cando?
De varias conversas que tiven con responsábeis de diferentes operadores saquei a mesma conclusión: as prioridades son sempre as cidades, onde está o "nicho de clientes" (que mal me soa ese termo...). E logo, o resto. Como foi sempre, vamos.
Os que agora poden gozar de conexións de 100 ou 200 Mbps (cando se faga o despregamento de 4G pode que xa teñan posibilidade de contratar 1 Gbps) terán acceso antes a conexións móbiles de até 100 Mbps en 4G. O resto, os que teñen acceso por Internet fixo a 1 Mbps (con sorte 3 ou 6) seguirán disfrutando de GPRS. Vamos, que a fenda dixital será cada vez maior.
Neses momentos é cando máis me acordo nese modelo de iPhones gratis, no que os clientes esixen terminais gratuítos (polos que logo acaban pagando moito máis, pero iso é outro tema...). Ese vicio creado polas operadoras, aumentado polos clientes, que fai que grandes operadoras como Vodafone invertise a mesma cantidade de cartos en subvencións ca en rede, cando queda tanto, tanto, tanto por mellorar.
Queremos pois, supersmartphones sen cobertura? Eu, desde logo, non.
Imaxe: Desmotivados
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-20347322046318173352012-04-05T12:14:00.000+02:002013-02-14T19:02:27.372+01:00#SOSFragasDoEume: Relato dun "Enmeigado polas Frondosas"
Hai lugares máxicos. Recoñécelos porque a primeira vez que vas a eles cautívante sen que tan sequera chegues a darte conta. E unha vez que iso pasa, non tes nada que facer.
Mentiría se dixera que recordo a miña primeira visita ás Fragas do Eume, pero supoño que foi de moi pícaro. E é que os meus pais tamén están envoltos nesa maxia do bosque atlántico que compartimos Cabanas, A Capela, As Pontes, Monfero e Pontedeume. De feito, as fotos da súa voda foron tomadas nas Fragas. Non sei, que eu non casei, pero penso que cando escolles o lugar para unhas fotos que marcan unha data importante na túa vida vas a un sitio especial.
A min as Fragas cautiváronme. Maxicamente. Sen tan sequera darme conta. Sen ser capaz de dicir cando foi. Pero cautiváronme. E agora son un máis deses enmeigados polas Frondosas, como cariñosamente lle chamamos os galegos ás nosas Fragas. Un máis dos que cada vez que nos adentramos nelas marabillámonos, deixámonos levar polos seus sendeiros e nos abraiamos ao descubrir cada vez unha cousa nova, unha sensación indescriptíbel e non explicábel para alguén que non teña estado aló.
As Fragas son un orgullo colectivo, un as na manga para todos os enmeigados que vivimos na comarca do Eume. Sabemos que cando alguén de fóra nos di que ten un lugar máxico que amosarnos nós temos outro que estamos ansiosos por descubrirlle.
Sempre quero levar á xente que quero ás Fragas, amosarlles o meu segredo, o lugar no que son capaz de desconectar do mundo. E sempre intento cautivar á xente coas palabras máxicas que alguén un día tivo a ben compartir comigo: Para. Cala. Pecha os ollos. Escoita. Abre os ollos.
Eu, como enmeigado, sei o que acontece nese momento. Éntrase nunha espiral de sensacións onde escoitas o percorrer dun río de augas frías e transparentes, sintes o zoar dunha brisa que comeza por acariciar as túas orellas e acaba por percorrer todo o teu corpo, ules o verde húmido das follas de milleiros de árbores, ves unha imaxe que quedará no teu maxín para toda a túa vida e saboreas a mellor sensación das imaxinábeis. Desde ese momento, os teus acompañantes serán outros enmeigados, coma ti.
O pasado sábado fun dar unha volta polas Fragas en bicicleta como tantas veces fixen, sobre todo dun ano a esta parte. Acompañábame outro enmeigado. Saímos do bosque máxico sen saber que dentro as cousas non ían ben. Non sería até chegar a Pontedeume cando vimos que detrás de nós había fume, que nun principio non soubemos identificar de onde viña pero que tardamos poucos minutos en descubrir.
Non son capaz de describir con palabras a tristura, a indignación ou a impotencia de non poder facer nada que me invadiu nas horas seguintes, a sensación de perda total. Foron días de estar pendente do que podía ver desde a relativa proximidade da miña casa e de seguir os acontecementos a través de #sosfragasdoeume (única forma de canalizar a información ante o silencio oficial), aínda que tomando os datos con cautela ante a intoxicación de información falsa que algúns usuarios introducían no fío.
Agora non hai lume e moitos políticos irán visitar as Frondosas sen empregar dez minutos a ficar parados, calados. Sen pechar os ollos, escoitar e volver abrilos. Sen ficar enmeigados. Sen entender nada, só para sacar unha foto con fondo verde aquí-non-pasou-nada.
Queda moito traballo por diante e vai levar moito tempo que as Fragas, as nosas Fragas, volvan relucir coma antes. Pero serán capaces de conseguilo, porque a natureza é sabia, aínda que ás veces a estupidez humana poida facernos crer o contrario.
*Imaxes: Luis e Carmen
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-43145763163711867342012-03-25T00:37:00.000+01:002012-03-25T00:37:08.994+01:00Foursquare e Estrella Galicia polo mundo
As galegas e galegos estamos orgullosos de moitas cousas: das nosas vilas, das nosas costas, dos nosos montes, das nosas tradicións... e tamén da nosa cervexa. E cando falamos da nosa cervexa falamos de Estrella Galicia.
Acaso non nos sentimos orgullosos cando viaxamos fóra e vemos que nun bar serven a nosa cervexa?
Por outro lado, falemos de Foursquare. Supoño que todos saberedes de que vai Foursquare, se non sempre podedes botarlle un ollo a este outro post que publiquei hai bastante tempo. Entre as cousas boas desta aplicación social están as listaxes de lugares, que nos facilitan as cousas cando andamos na procura de sitios ou recomendacións.
E que teñen que ver Foursquare e Estrella Galicia?
Pois que veño de poñer en marcha unha idea que levaba tempo a rondarme na cabeza: crear unha listaxe de lugares nos que se atopa Estrella Galicia fóra de Galicia; chámase Estrella Galicia fóra de Galicia (vamos! un aplauso á orixinalidade!). O feito de só pensar en lugares de fóra de Galicia é porque aquí é demasiado habitual atopala e sería cargar a listaxe en exceso.
Así que pídovos colaboración, para facer esa listaxe máis e máis ampla entre todos. Para comezar metín 84 lugares de todo o mundo (xa vedes que hai lugares en España, Estado Unidos, étc), vexamos cantos somos capaces de engadir entre todos.
Se che deixa editar a listaxe, engádeo ti mesmo. Se non podes poñer os sitios que coñezas e que non estean nesa listaxe nos comentarios ou facéndome unha mención no Twitter (@iagovarela).
Graciñas!
Ligazón á listaxe de Foursquare
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-8104098369400655792011-11-04T11:55:00.003+01:002011-11-11T18:33:48.081+01:00Vídeos electorais das Xerais do 20 de novembro
Algo que me gusta das campañas electorais é ver como traballan os partidos os spots. Deixo nesta entrada os que vou atopando dos comicios do 20 de novembro. Se atopas algún que non está, faimo saber e sigo ampliando a entrada (podes facelo nos comentarios ou a través do meu twitter @iagovarela).
Amaiur (graciñas a @fandiarzua)
Anticapitalistas (graciñas a @fandiarzua)
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Coalición Canaria (CC) (graciñas @19_alvaro_82)
Compromís (graciñas a @xmps)
Convergencia i Unió (CiU)
<object align="middle" classid="clsid:d27cdb6e-ae6d-11cf-96b8-444553540000" codebase="http://fpdownload.macromedia.com/pub/shockwave/cabs/flash/swflash.cab#version=10,0,0,0" height="387" id="guia_flv_componente" width="516"> <param value="always" name="allowScriptAccess"/>
<param value="http://www.ciu.cat/images/player.swf" name="movie"/>
<param name="flashvars" value="videourl=http://www.ciu.cat/media/69238.mp4&fotourl=http://www.ciu.cat/media/69237.jpg&v=NjkyMzg=&barcolor=cccccc" name="movie"/>
<param value="high" name="quality"/>
<param value="#ffffff" name="bgcolor"/>
<param value="opaque" name="wmode"/>
<param value="allowFullScreen" name="true"/>
<embed width="516" height="387" align="middle" wmode="opaque" allowFullScreen="true" pluginspage="http://www.macromedia.com/go/getflashplayer" type="application/x-shockwave-flash" allowscriptaccess="always" name="guia_flv_componente" quality="high" src="http://www.ciu.cat/images/player.swf" flashvars="videourl=http://www.ciu.cat/media/69238.mp4&fotourl=http://www.ciu.cat/media/69237.jpg&v=NjkyMzg=&barcolor=cccccc"/> </object>
Converxencia XXI (CXXI)
Escaños en blanco (graciñas @_omoloc)
EQUO (graciñas a @jmgolpe)
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
Iniciativa per Catalunya - Verts (IVC)
Izquierda Unida (IU)
Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) (graciñas a @fandiarzua)
Partido Popular (PP)
Partido Socialista Obrero Español (PSOE)
<object classid="clsid:D27CDB6E-AE6D-11cf-96B8-444553540000" height="399" id="single1" name="single1" width="710">
<param name="movie" value="http://www.psoetv.es/vidplayer/player.swf">
<param name="allowfullscreen" value="true">
<param name="allowscriptaccess" value="always">
<param name="wmode" value="transparent">
<param name="flashvars" value="file=http://psoe.vidzapper.com/pstv111104_spot_video_800.mp4&skin=http://www.psoetv.es/vidplayer/skins/psoe.swf&controlbar=over">
<embed type="application/x-shockwave-flash" id="single2" name="single2" src="http://www.psoetv.es/vidplayer/player.swf" width="710" height="399" bgcolor="undefined" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" wmode="transparent" flashvars="file=http://psoe.vidzapper.com/pstv111104_spot_video_800.mp4&skin=http://www.psoetv.es/vidplayer/skins/psoe.swf&controlbar=over"/>
</object>
El Programa oculto de Rajoy from Con Rubalcaba on Vimeo.
Plataforma per Catalunya (PxC) (graciñas a @fandiarzua)
Por un Mundo Más Justo (PUM+J)
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-80356489342951928342011-10-02T17:13:00.004+02:002011-10-02T17:13:50.345+02:00Take what you need
Atopado grazas a @vitorpalas
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-374764731531649892011-08-25T21:11:00.000+02:002011-08-25T21:11:55.481+02:00Paremos o mundo
Me tocó por segunda vez en el hombro y en esa ocasión, además, me acarició el cabello con suavidad.
- ¿Nunca has parado el mundo?
- ¿Qué es parar el mundo?
- Parar el mundo es decidir conscientemente que vas a salir de él para mejorarte y mejorarlo. Para poder moverte y moverlo mejor.
>> En ese tiempo debes intentar que nadie ni nada te cree problemas.
>> Alimentarte de buena literatura, de buen cine y, sobre todo, de la conversación de una única persona que te inspire en este mundo. ¿Y sabes qué...?
- ¿Qué? - dije emocionado y fascinado.
- Luego el mundo te premia. El universo conspira a favor de los que lo mueven. Y ésos son los que lo paran. ¿Tú quieres mover el mundo o que te mueva?
- Moverlo - dije con seguridad -. ¡Moverlo!
Él se unió a mí y comenzó a gritar conmigo: << Moverlo, moverlo>>
Y todo lo que lo moveríamos... Parándolo...
Si tú me dices ven lo dejo todo... pero dime ven
Albert Espinosa
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-61489378936233764182011-05-09T11:08:00.001+02:002011-05-09T11:25:24.274+02:0016 Doodles polo 76 aniversario do nacemento de Roger Hargreaves
Cun total de 16 doodles conmemorativos celebra hoxe Google o 76 aniversario do nacemento de Roger Hargreaves. Velaquí todos eles:
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-75953984857702140782011-03-22T22:17:00.001+01:002011-03-22T22:17:10.997+01:00Descubre o teu mundoVídeo elaborado por Twitter co gallo do seu quinto aniversario.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-19063029898993236542011-03-12T21:51:00.000+01:002011-03-12T21:51:37.461+01:00De Human Planet e outras divagacións
Ola? Hai alguén aí?
Xa ía camiño de tres meses que non actualizaba o blogue e case non sei como se fai, tiven que mirar manual... obviamente é coña, pero coas actualizacións de Mallando, Mallando no Android, A Malla das Telecos, Dos Yogures... chega abondo.
Como? Non sabíades o do novo Mallando? Buff, daquela hai ben tempo que non falamos!
Resulta que o Luis, o Vítor e máis eu pensamos que era bo ampliar miras e crear, a partires do Mallando orixinal, unha rede de blogues en galego. E así xurdiron o de Android, o das telecos, o Esparavel e O Bloc, os cales recomendo visitar, obviamente.
Pero o que vos quería comentar realmente (si, o outro era publicidade encumberta), era sobre Human Planet. Mirade o vídeo e logo seguimos falando.
Non se vos poñen os pelos de punta? Agora que xa teño todos os capítulos non vexo o momento de poñerme a velos e ten toda a pinta de non defraudar.
E é que levo unha tempada moi pro-documentais e experimentos semellantes. Teño a medio ver Apocalypse: Second World War, que ten imaxes impresionantes e axuda a coñecer o acontecido durante a segunda guerra mundail, con imaxes inéditas.
E ao que tamén lle teño ganas e ao proxecto de YouTube, Life in a day. O 24 de xullo de 2010, quen quixo puido gravar algo do seu día para facer logo un filme coas contribucións de centos de persoas anónimas e ver un día na Terra.
Algo semellante é One Day on Earth, inda que neste caso a data elixida foi o 10/20/2010.
Que pouca cousa somos, non?
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-62255145464134716842010-12-25T12:29:00.000+01:002010-12-25T12:29:11.323+01:00Meet the Geeks (o filme)
Meet the Geeks: Short Film from Sano Sagara on Vimeo.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-55565004854793118212010-12-07T17:54:00.003+01:002010-12-07T18:24:59.436+01:00Queridos Reis Magos...
Achégase o Nadal, esa época de consumismo asaxerado. Entre as novidades tecnolóxicas deste ano, eu pediríalle aos Reis Magos as seguintes:
1.- Un Nexus S
O sucesor do Nexus One, un completísimo smartphone dotado da última versión de Android, Gingerbread. Verá a luz a mediados de decembro nos EEUU, e o 20 no Reino Unido. O resto do mundo terá que agardar.
O seu prezo 529 $. Máis información en Mallando na e-ira.
2.- iPod nano
8 ou 16 GB de música, radio FM, Genius... toda a música que queres no novo iPod de Apple, que ademais ten unha autonomía de 24h sen interrupción.
Dende 159 €.
3.- Blu:sens web:tv
Con este dispositivo pódese ter todo o contido multimedia do fogar centralizado, TDT, ver na televisión contido en liña... ademáis fabricado por unha empresa galega, Blu:sens. Máis información en Mallando na e-ira
O seu prezo: 149 €
4.- Globe Tips.
A solución para quen queira usar o seu smartphone táctil sen ter que sacar as luvas. Máis información na súa web (clic acó)
Prezo non dispoñíbel
5.- Camisola Android
E se queres gastar algo menos, por arredor de 15 € tes unha camisola Android. Hai centos de modelos, cuestión des escoller.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com7tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-28174962764811021842010-12-01T17:48:00.003+01:002010-12-01T18:05:53.573+01:00Fin do roaming a costa de encarecer as chamadas estatais? Non, grazas
Non hai moito tempo enterábamonos dunha nova bastante boa para os usuarios das compañías de telefonía móbil (debera dicir para todo o mundo?): a Comisión Europea propuña a eliminación das tarifas de roaming, é dicir, manter as tarifas do país de orixe nas viaxes pola UE.
Esta proposta europea vai na liña da xa iniciada coa limitación do prezo/minuto que xa se está a aplicar, ou a unificación das tarifas de sms dende o extranxeiro, que quedaron en 11 cént, o que fai que usuarios de certas compañías españolas paguen menos por enviar sms dende o extranxeiro ca cando fican no Estado español.
Mais hoxe enterámonos de que as operadoras non están a encaixar moi ben esta modificación das condicións, e xa se fala dun encarecemento das tarifas 'nacionais' para contrarrestar (ler isto).
E eu digo. Máis?
Até non hai moito as tarifas de referencia das compañías españolas era de arredor de 20 cént/min e non foi até a chegada dos OMV con prezos nunca vistos (falamos de 8, 6, 5 e mesmo 4 cént/min) cando o panorama comezou a mudar.
E se por algo se caracterizaron - e caracterizan - as compañías españolas é polos seus prezos excesivos, en comparanza co resto de compañías europeas, cuxos servizos, alén de ser mellores, son máis baratos.
É certo que as operadoras deberán seguir pagando ás do país de destino cando os seus clientes viaxen fóra. Pero tamén recibirán clientes doutros países e ingresos por ilo, o que compensa unha cousa pola outra. En fin, que estamos diante doutra estúpida desculpa para subir os prezos. Así imos.
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-8237423358753499474.post-41334966527523667232010-11-30T20:40:00.002+01:002010-11-30T20:46:19.233+01:00Manifesto por unha rede neutralTradución de Mallando na-eira
Os cidadáns e as empresas usuarias de Internet adheridas a este texto MANIFESTAMOS:
Que Internet é unha Rede Neutral por deseño, dende a súa creación até a súa actual implementación, na que a información flúe de maneira libre, sen discriminación ningunha, en función de orixe, destino, protocolo ou contido.
Que as empresas, emprendedores e usuarios de Internet puideron crear servizos e produtos nesa Rede Neutral sen necesidade de autorizacións nin acordos previos, dando lugar a unha barreira de entrada practicamente inexistente que permitiu a explosión creativa, de innovación e de servizos que define o estado da rede actual.
Que os usuarios, emprendedores e empresas de Internet puideron definir e ofrecer os seus servizos en condicións de igualdade, levando o concepto da libre competencia até extremos nunca antes coñecidos.
Que Internet é o vehículo de libre expresión, libre información e desenrolo social máis importante co que contan os cidadáns e empresas. A súa natureza non debe ser posta en risco baixo ningún concepto.
Que para posibilitar esa Rede Neutral as operadoras deben transportar paquetes de datos de maneira neutral, sen erixirse en "aduaneiros" do tráfico e sen favorecer ou prexudicar a uns contidos por riba doutros.
Que a xestión do tráfico en situacións puntuais e excepcionais de saturación das redes debe acometerse de xeito transparente, de acordo a criterios homoxéneos de interese público e non discriminatorios nin comerciais.
Que a dita restrición excepcional do tráfico por parte das operadoras non pode converterse nunha alternativa sostida á inversión de redes.
Que a dita Rede Neutral se ve ameazada por operadoras interesadas en chegar a acordos comerciais polos que se privilexie ou degrade o contido segundo a súa relación comercial coa operadora.
Que algúns operadores do mercado queren "redefinir" a Rede Neutral para manexala de acordo cos seus intereses, e esa pretensión debe ser evitada; a definición das regras fundamentais do funcionamento de Internet debe basearse no interese de quen a usan, non de quen as proven.
Que a resposta ante esta ameaza para a rede non pode ser a inacción: non facer nada equivale a permitir que intereses privados poidan de facto levar a cabo prácticas que afectan ás liberdades fundamentais dos cidadáns e a capacidade das empresas para competir en igualdade de condicións.
Que é preciso e urxente instar ao Goberno a protexer dun xeito claro e inequívoco a Rede Neutral, co fin de protexer o valor de Internet de cara ao desenrolo dunha economía máis produtiva, moderna, eficiente e libre de inxerencias e intromisións indebidas. Para iso é preciso que calquera moción que se aprobe vincule de xeito indisolúbel a definición de Rede Neutral no contido da futura lei que se promova, e non condicione a súa aplicación a cuestións que pouco teñen que ver con esta.
A Rede Neutral é un concepto claro e definido no ámbito académico, onde non suscita debate: os cidadáns e as empresas teñen moito dereito a que o tráfico de datos recibido ou xerado non sexa manipulado, terxiversado, impedido, desviado, priorizado ou retrasado en función do tipo de contido, do protocolo ou aplicación empregado, da orixe ou destino da comunicación nin de calquera outra consideración allea á da súa propia vontade. Ese tráfico tratarase como unha comunicación privada e exclusivamente baixo mandato xudicial poderá ser espiado, trazado, arquivado ou analizado no seu contido, como correspondencia privada que é en realidade.
Europa, e España en particular, atópanse no medio dunha crise económica tan importante que obrigará ao cambio radical do seu modelo produtivo e a un mellor aproveitamento da creatividade dos seus cidadáns. A Rede Neutral é crucial á hora de preservar un ecosistema que favoreza a competencia e innovación para a creación dos innumerábeis produtos e servizos que quedan por inventar e descubrir. A capacidade de traballar en rede, de xeito colaborativo, e en mercados conectados, afectará a todos os sectores e todas as empresas do noso país, o que converte a Internet nun factor clave actual e futuro no noso desenrolo económico e social, determinando en gran medida o nivel de competitividade do país. De aí a nosa profunda preocupación pola preservación da Rede Neutral.
Por todo iso instamos con urxencia ao Goberno español a ser proactivo no contexto europeo e a lexislar de xeito claro e inequívoco neste sentido.
Esta entrada é unha tradución do Manifiesto por una red neutral no blogue de Enrique Dans. Síntete libre de reproducir, traducir e compartir isto onde quixer.
Redacción de Mallando na e-ira
Feed do sitio
Anonymoushttp://www.blogger.com/profile/05603145722585268354noreply@blogger.com0