Expandir contido

Crónica dunha portabilidade (III)

O protagonista de hoxe na miña aventura de portabilidade é Vodafone. E como o consumidor se sinte só en todo este mundo.

Resulta que, maila escoller dous novos terminais con R, a miña nai quere conservar o seu móbil por se acaso. Así que armeime de valor e hai uns días chamei ao Servizo de Atención ao Cliente (SAT) de Vodafone para pedir o código de liberalización do terminal (xa sabedes que cando pasa a permanencia, temos ese dereito... teórico, a lo menos).

Ben, antes diso procedo a comprobar o código IMEI (para entendernos, o número de serie do terminal), que se obtén marcando no terminal a secuencia *#06#. Con este número de 15 díxitos anotado, chamo ao SAT, aténdeme María Nieves.

O primeiro que me di Marinieves é que non teño os pagos ao día e que iso é requisito imprescindíbel para poder dar o código de liberación. Como poido comprobar, iso debíase a que a factura xa fora emitida, pero inda non chegara a data de vencemento da mesma. Así que me di que ya deja todo mirado e que chame o día da data de vencemento da mesma, i.e. hoxe.

Chamo. Suso pregúntame como adquirín o terminal. Dígolle que pola tenda de puntos. Dime que no le aparece en el Sistema (que vén a ser coma un semideus, máis ou menos) e pregúntame que se ten máis dun ano. Dígolle que si, que de feito a permanencia que tiña asociada a este terminal, e que era de 18 meses, xa a cumplín. Comproba esto último e dime que teño razón, pero que as facturas anteriores a nonseicando non as teñen dixitalizadas e que procederá a enviarme unha nova factura na que aparecen os mesmos datos da orixinal (pero que no es un duplicado, eh?) e que eu tería que enviarlles por fax.

Eu non entendía nada... ía enviarme unha factura cuns datos que eu xa tiña para que eu a enviase de volta a Vodafone para que viran que os datos eran correctos? Estúpido, non?

Cabréome un pouco e dime que el no puede hacer otra cosa, así que lle solicito que me pase con alguén que sexa competente nesa materia. Dime que me pasa e ponme en espera máis de hora e media. Si, máis de hora e media, na que claro, deixei o móbil conectado á rede e co mans libres para non quencer a orella e acrecentar o cabreo.

Nese tempo, chamei ao numero da Oficina de Atención al Usuario de Telecomunicaciones (901.336.699), onde me din que eles non teñen competencia sobre terminais e que debo chamar á oficina do consumidor da Xunta de Galiza. Dame un número, o 012 (Atención ao Cidadán). Chamo e dende aló danme o número do Instituto Galego de Consumo (900.231.123), onde me din (confirmando o que eu cría) que só é necesario que facilite o IMEI do terminal e os datos do titular.

Despois de colgar a chamada (en vista de que levaba máis de hora e media e ninguén collía) volvo a marcar o 123 responda otra vez. Agora aténdeme Mar. Tras dicirlle que me tiveron hora e media colgado dime que tiene que tener paciencia. Outra cousa non, pero paciencia ben que tiven... Total, que tras explicarlle que coñezo os meus dereitos etc, dime a tía que normal que no le deamos el código, porque usted adquirió el terminal en mayo, o sea, hace menos de un año. Eu flipando... pregúntolle se lle aparece que xa non teño permanencia e dime que si, desde ese mismo día de mayo usted no tiene permanencia. Pregúntolle se non lle parece curioso, que diga que collo un móbil novo e que non só non ten permanencia, senón que me quitan... e a moi.... Mar, dime que Pues es lo único que tengo que decirle, gracias por confiar en Vodafone e sen deixarme dicir nada máis, cólgame.

Cabreado, chamo a Consumo de novo, para que me expliquen como teño que facer para pór unha denuncia contra eles... explicáronme como facelo e todo iso, pedindo que axuntase todo o que teño. E que teño? Nada. Que vou ter que me diga que a estes parvos aparézalles no Sistema cousas que non son reais? Sinto que o consumidor fica moi indefenso ante estas prácticas abusivas.

Se liches isto, pódeche interesar...

Crónica dunha portabilidade (I)

Crónica dunha portabilidade (II)
Crónica dunha portabilidade (IV)
Crónica dunha portabilidade (V)
Crónica dunha portabilidade (VI)
Crónica dunha portabilidade (VII)

2 Responses so far.

  1. Beinha Perez.. says:

    Eu tamen estou farta de que os de vodafone sempre mtomen o pelo..sempre espere un momentito..e nunca consegues solicitar os servizos.
    A meu pai prometeronlle que se se cambiaba a empresas.teria un mobil novo e nada..pasou un ano e cada vez que chama..espera un momentito..
    O peor e que vas a unha tenda parecen burros que tampouco xe saben solucionar nada,di que e cousa do telefono 123..:s

    nos incluso pensamos en cambiar a Movistar..a ver se son ,mais rapidos..

  2. Pitu says:

    A min tesme que axudar co meu de Vodafone tamén...jajaja.Xa falaremos :)