Buenafuente fala sobre o iPad

7 de febrero de 2010
O iPad, a nova creación de Apple, non escapou das grazas de Buenafuente, quen lle adicou un monólogo:



Cómpre dicir que este novo gadget non é tan novidoso como Apple pretende vender, de feito Microsoft xa tratou de vender un produto similar hai 10 anos e dende a Universidad de Córdoba levaron a cabo o iFreeTablet, o mesmo, pero con sistema operativo libre.

Por certo, cheguei ao vídeo de Buefuente dende o blogue Linwind - De Windows a Linux

Queremos matemáticas en galego

4 de febrero de 2010
"A matemática [...] constitúe unha ferramenta intelectual para apoiarnos no mundo real que nos rodea,
tanto para contabilizar obxectos
(rodas, parafusos, olas de viño ou a altura dun outeiro),
como para operativizar relacións entre eles
(o tempo que tardaría un tren en percorrer a distancia de Ponteareas a Niñodaguia
se tivésemos unha rede de ferrocarrís axeitada
ou a vantaxe de incorporar unah certa taxa nos orzamentos da Xunta para Educación
[...]"


Iván Area Carracedo
Vicerreitor de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo

Recoméndovos encarecidademente a lectura deste artigo chamado "Queremos (as matemáticas) en) galego", que podedes ler en dúas partes en Xornal de Galicia: Parte I , Parte II

Imbéciles e escuros

26 de enero de 2010
"Mancomún.org é simplemente un portal de Internet"

Xunta de Galiza presidida por Núñez Feijóo

[Fonte]: A Nosa Terra

Así nos ve España

22 de enero de 2010
Onte xa flipei co titular con que 'Libertad Digital' falaba da histórica manifestación que houbo onte en Santiago de Compostela para tratar de parar o Decretazo trilingüe de Feijóo: El BNG amedrenta alumnos y profesores para que vayan a una huelga antiespañol.

Pensei que o xornalismo rancio e noxento da dereita española non podía ir a máis. Pero non, estaba errado. Hoxe La Razón ten unha portada das que tamén fan historia: "Conjuro contra el castellano en Galicia"
Que fermosura! Que profesionalidade! Iso foi o máis representativo da manifestación de onte! Por certo, dende Queremos Galego xa se anunciou onte que os imbéciles que onte queimaron unha bandeira (actos que aproveitan os carroñeiros do PP) non están relacionados coa Plataforma, senón que se tratou dun acto totalmente alleo e lamentábel.

En fin, eu prefiro quedarme coa capa a dobre páxina de Xornal. E é que unha imaxe descritiva vale máis ca mil palabras

Fala Rivas

"En poucos meses pasamos
de ser unha nacionalidade histórica a ser unha cousa ignota.

De ser un pobo plura e democrático,
a estar sometidos ao inextricábel mando dunha 'maioría silenciosa'.

De ter unha cultura,
ater unha fábrica de pedras contra o propio tellado.

De ter un plan de normalización lingüística,
a ter unha trapallada"

Manolo Rivas, escritor e académico da Real Academia Galega

Recoméndovos que vos tomedes uns minutos e leades o artigo completo de Manolo Rivas no diario El País, O día que fiquei ensimesmado

Galiza quere galego

21 de enero de 2010
Ás veces unha imaxe vale máis ca mil palabras: Galiza quere galego.




Google Nexus One: Ninja's Unboxing

19 de enero de 2010



[Fonte]: TVspotblog

Modelo de alegacións ao decretazo

Deberase enviar antes do 29 de xaneiro ao enderezo alegacions.decreto.plurilinguismo@edu.xunta.es e a alegacions.decretazo@queremosgalego.org para facer un seguimento:



Don/ Dona…………………………………………. con DI……………………….. e domicilio en………………………………………………………………………………………………………….

En relación coas Bases para a elaboración do decreto de plurilingüísmo presentado publicamente a noite do 30 de decembro de 2009, presenta as seguintes


ALEGACIÓNS


O borrador de decreto presentando na noite do 30 decembro:


1) Non garante que os estudantes finalicen cada etapa educativa coas destrezas lingüísticas tamén en galego.- Todos os informes oficiais sinalan que hai un problema para conseguir que boa parte dos rapaces e das rapazas, sobre todo nas zonas urbanas, teñan fluidez comunicativa en galego. Diminuír a presenza da nosa lingua non fará máis que agravar a situación, vulnerando o dereito do alumnado a unha educación de calidade e pondo en perigo a pervivencia da nosa cultura.


2) É unha proposta feita de costas á sociedade galega.- O presidente da Xunta sabe que non conta con ningún consenso do profesorado, o estudantado, as familias e da sociedade en xeral para este decretazo. Por iso o presentou na véspera de fin de ano, a última hora do serán, e sen que existise ningún proceso previo de diálogo nin contraste.


3) Suporá enfrontamentos nos centros.- A Xunta fai deixadez das súas funcións e traslada o problema ao profesorado, ao estudantado e ás familias, que serán parcialmente consultadas (ben tendo en conta só o criterio da maioría, sen que se saiba que pasará coa minoría que se sinta perdedora; ben dando unha opinión cada catro anos, o que significa que uns pais darán a súa consideración sobre a educación das fillas e dos fillos doutros). A política lingüística e educativa non se pode limitar á opinión que poida ter a comunidade escolar, porque nos corresponde a todas as galegas e a todos os galegos. Hai que ter presentes criterios pedagóxicos e o dereito a unha educación en igualdade.


4) É unha burla á cidadanía cando di que se vai impartir un terzo das materias en inglés, cando sabe que iso é totalmente inviábel, e sen se preocupar do fracaso escolar.- O presidente da Xunta mente conscientemente cando fala de “plurilingüismo”, pois sabe que iso é imposíbel de aplicar. Só utiliza o inglés para camuflar propagandisticamente o ataque contra o galego. Na verdade, os departamento de inglés non teñen un reforzo real para mellorar a aprendizaxe desta lingua e mesmo se recortan os recursos para a formación do profesorado e se reduce o número de profesores/as das escolas oficiais de idiomas. O reforzo e mellora do ensino de inglés no sistema educativo galego debe facerse con máis profesorado específico, con máis recursos e con grupos máis reducidos


5) Vulnera leis básicas aprobadas por consenso e tratados internacionais de dereitos lingüísticos.- O decreto que o Goberno galego quere impor unilateralmente vulnera a letra e o espírito da Lei de normalización lingüística (arts. 12 e 13), así como da Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias (art. 8). Un goberno serio, cívico e responsábel cumpre as leis e os tratados internacionais de dereitos humanos e de dereitos lingüísticos.


6) Porque é unha agresión á dignidade da nosa cultura que haxa un goberno da Xunta que ande ás patadas coa lingua propia do noso país.- Temos que erguer a nosa voz con claridade e exclamar que, independentemente do idioma que falemos no noso día a día, os galegos e as galegas amamos a nosa lingua propia e queremos que non haxa políticas para discriminala, senón ao contrario: que se promova nos diferentes ámbitos, garantindo a igualdade de dereitos.


Fronte á imposición unilateral de Alberto Núñez Feijóo, reclamo que se escoite a voz das comunidades educativas. O presidente da Xunta debería lembrar que o decreto aínda en vigor contou co respaldo dos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, a inmensa maioría das ANPAs, todas as organizacións estudantís e todos os movementos de renovación pedagóxica con actuación en Galiza. O seu decreto contra o galego, ao contrario, non xera máis que rexeitamento e preocupación.


Por todo isto


SOLICITA


A aplicación real e efectiva do decreto 124/2007 e do Plan Xeral de Normalización Lingüística aprobado por consenso e unanimidade polo Parlamento Galego.


Asdo:


Don/ Dona

Dende hoxe, media Galiza é dixital

18 de enero de 2010
Hoxe comeza o apagón analóxico en media Galiza, polo que dende agora só será posíbel ver a televisión a través da TDT.

Este proceso afecta de momento ás áreas técnicas de Ares, Santiago leste, Ourense e Meda. De todos xeitos, non será un apagón 'radical', senón que entre hoxe e o 1 de febreiro procederase a cubrir as diferentes fases.

O resto de Galiza será completamente dixital logo do 3 de abril.

[Ligazón]: Xornal de Galicia

Mais leria sobre o Google Nexus One

17 de enero de 2010
"Polo momento, tense anunciado unha distribución do terminal
con Vodafone para Europa,

unido á súa dispoñibilidade como terminal libre"

Enrique Dans

Os que me coñecedes un algo - ou bastante, segundo se mire - xa sabedes do meu gusto polos gadgets tecnolóxicos e pola telefonía móbil. Mais o certo é que en raras ocasións tiven a oportunidade de ter terminais ou elementos á última, non por falta de ganas, senón porque non sei até que punto sería lícito aproveitarse de máis de quen che paga os gastos...

O certo é que dun tempo a esta parte estoulle dando voltas a aproveitar a fin da permanencia e o cambio de compañía para facerme cun smartphone táctil á que poderlle sacar o máximo partido. Dende sempre mirara con interese os terminais con Android, o sistema operativo baseado en Linux. Mais quizáis o último empuxonciño deumo Vítor, cando publicou no seu blogue o post co que participaba no concurso promovido por and.roid.es. Foi aí cando comecei a cavilar na idea de ligar o Android a un terminal HTC.

Resultou que nin Vítor nin eu resultamos agraciados co premio do concurso, mais el fíxose co terminal pola súa conta, un HTC Magic. Logo de ver in situ as marabillas deste, xa tiña o ollo posto no meu obxetivo: un HTC con Android.

Foi entón cando entrou en escea a todopoderosa Google. A rede foise enchendo dun rumor que cada vez ía collendo máis forza: un novo terminal de Google. Foron aparecendo fotos, vídeos... filtracións que pouco antes de final de ano parecían unha realidade cando Google convocou unha rolda de prensa para o 5 de xaneiro. E así foi. Ese día, presentábase o Google Nexus One, un terminal HTC, táctil, Android... vamos, con todo ao que eu aspiraba.

Ademais, desvelouse tamén o método de adquisición nos EUA: libre ou ligado a un contrato de permanencia coa compañía T-mobile. O prezo, nada esaxerado: 530 dólares (~370 euros). O misterio de quen o comercializaría en Europa desvelaríase días despois, Vodafone.

Entón, a min xurdiume unha dúbida: íase poder atopar libre acó? Senón, todas as miñas esperanzas nexunianas quedarían en nada... pois, a xulgar polas palabras de Dans, parece ser que sí. Así que agora só queda agardar á primavera, 'data' na que chegará a Europa. Ah! E que a conversión dólar-euro non sexa a habitual nestas cousas, i.e. 530 $ = 530 €!

[Fonte]: Probando el Nexus One

Confésome sectarian

16 de enero de 2010
"Confésome sectarian, como moitos outros.
Por esa reason vaime resultar impossible
negociar nothing co Popular Party.

E o próximo 21 de January estarei en Compostela,
defendendo a exclusión dos two languages
propios da Galiza (Spanish e English)
e a imposición dun strange dialecto: o galego.

Somos así de raros nesta sectarian country,
nesta old nation que só aspira a ser ela mesma,
e to build o seu futuro no idioma que pariu históricamente,
que nos une e identifica"


Bieito Lobeira
Deputado do BNG no Parlamento de Galiza

[Fonte]: A Nosa Terra

Paremos o decreto contra o galego!

12 de enero de 2010